Guion curta intolerancia




Alejandra Louzao Pérez 
1 Bac- A  nº 16

GUION CURTA INTOLERANCIA 

Ela sae dunha cafetería e despídese das súas amigas, a continuación, envíalle unha mensaxe dende a beirarrúa a súa nai “ salgo agora, en cinco minutos chego”. Vótase a andar.
Ela (voz en off)
creo que ese home estáme segindo, bueno, non creo, mira que son paranóica

( sente a mirada do home detrás da nuca )
buff, vou comezar a andar máis rápido

(mira cara os lados buscando xente)
non hai ninguén!
non podo crer que isto me esté pasando a min 

(cada vez está máis nerviosa)
vale… voume cambiar de beirarrúa 

(cambiase de lado da estrada e o home tamén) 
(está case chorando)
vou facer que chamo a alguén 
(achégase o teléfono a orella)

(o home baixa a súa velocidade un pouco mais segue tras ela)
(ela comeza a andar máis deprisa e o home tamén)

(vótase a corre rmentras chora)

Abre a porta de de forma apresurada e a pecha rapidamente. Morta de medo observa pola ranura o intento falido por parte do home de abrir a porta, tras o intento marcha. Ela derrumbase no chan. 
Aparece a súa nai na escena. 
Nai
(ponse de xeonllos rapidamente)
-nena! Que che pasou?
(busca a cara da rapaza coas mans)

Ela
(incorpórase un pouco e abraza a súa nai)
(intenta falar pero non pode xa que está chorando)
(reláxase un pouco e sepárase da súa nai)
- mama, acabo de pasar moito medo.

Nai
-pero que che pasou?

Ela 
- un sñor…
(fai unha pausa para secarse as lágrimas)
-un señor acábame de perseguir pola rúa tiven que escapar correndo, parecía que me quería coller !

Nai
(cambia totalmente a expresióin da súa cara)
E por iso montas este espectáculo

Ela 
( érguese totalmentee miraa con cara de asombro e con indicios de ira nos seus ollos)
-mamá, estasme falando en serio?
-de verdade pensas que non é grave? 
-pensas que eu non teño dereito a estar soa na rúa?

Nai 
( separase dela, o seu rostro representa enfado,ira)
-pois claro que non, acaso pensas que podes ?
-ese non é lugares para rapazas soas

Ela 
-mamá! estas ben? 

Nai
-si eu si, ti estás ben?
-viches as pintas de loca que levas, como podes ir soa pola calle con ese vestidiño tan corto, eres consciente do que che estou a decir?
-e que de verdade que parece que estes buscando algo
-así normal que che sigan



Ela 
(marcha correndo a sua habitación e pecha a porta dun portazo)


FIN



Comentarios

Entradas populares